Descripción del podcast:
Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis aos podcasters galegos, de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.
| Autor: | admin |
| Web del podcast: | [get_logos_sociales web=”https://sites.google.com/a/asfes.org/asf-galicia/habitando/episodios“] |
| Integrantes del Podcast: | |
| Periocidad del podcast: | Mensual |
| Duración del podcast: | Entre 45 y 60 minutos |
| Categoría: | Gobierno |
| Idioma: | Gallego |
| Facebook: | [get_logos_sociales facebook=”https://www.facebook.com/ArquitecturaSenFronteiras“] |
| Twitter: | [get_logos_sociales twitter=”https://twitter.com/ASF_Habitando“] |
| Grupo o Canal de Telegram: | [get_logos_sociales telegram=”“] |
| Feed: | [get_logos_sociales feed=”https://feeds.feedburner.com/asfhabitando”] |
| Plataformas: |
[get_logos_plataformas plataformas=”https://www.ivoox.com/podcast-habitando_sq_f1247634_1.html https://itunes.apple.com/es/podcast/habitando/id1044816606“] |

Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.

Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das tecnoloxías para o ben común en todas as escolas técnicas universitarias galegas. Na súa segunda fase, 2023-2024, Arquitectura Sen Fronteiras unímonos ao proxecto.
Falamos neste episodio con Acacia Naves e Sergio Fernández, responsables para o proxecto de Artigo9Tech e ESF respectivamente, do que son as tecnoloxías para o ben común, de como xurdiu a colaboración entre elas, da situación das tecnoloxías para o ben común no ámbito universitario e do que estamos a desenvolver no proxecto.
Ligazóns de interese:
- Artigo9Tech
- Enxeñería Sen Fronteiras
- 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do “Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común”
- Resumo Liña Base: Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Subscrición
Feed | Apple Podcast | Spotify
Contacto












