Descripción del podcast:
Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
| Autor: | admin |
| Web del podcast: | [get_logos_sociales web=”https://facemoshistoria.wordpress.com/“] |
| Integrantes del Podcast: | José Antonio Martínez |
| Periocidad del podcast: | Semanal |
| Duración del podcast: | Entre 5 y 20 minutos |
| Categoría: | Historia |
| Idioma: | Gallego |
| Facebook: | [get_logos_sociales facebook=”“] |
| Twitter: | [get_logos_sociales twitter=”https://twitter.com/facemoshistoria“] |
| Grupo o Canal de Telegram: | [get_logos_sociales telegram=”“] |
| Feed: | [get_logos_sociales feed=”https://www.spreaker.com/show/1922320/episodes/feed”] |
| Plataformas: |
[get_logos_plataformas plataformas=”https://www.ivoox.com/podcast-facemos-historia_sq_f1305484_1.html https://www.spreaker.com/show/facemoshistoria“] |

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
Non escoitaches aínda falar das pancas de Joan Laporta e das novas fichaxes do Barça? Si, isto é Facemos Historia, unha viaxe no tempo que agora tamén é un podcast deportivo. Xa será menos!
Aproveitamos toda esta polémica que se xerou a partir das pancas, o recurso financeiro que empregou o presidente do Barcelona para poder atopar liquidez e poder fichar xogadores neste mercado de verán de 2022, para viaxar até a Idade Moderna, onde este recurso xa foi utilizado polos Austria para conseguir diñeiro que lles permitise manter a súa costosa política exterior, que non era outra que manter o Imperio.
E descubrimos que non é todo como nolo contan os libros de divulgación histórica: novos estudos profundan na orixe e funcionamento das bancarrotas e crises que marcaron a economía do Imperio Hispánico na Idade Moderna.
Podes acceder ás notas do episodio na nosa web. https://facemoshistoria.gal
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).












