Descripción del podcast:
Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis aos podcasters galegos, de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.
| Autor: | admin |
| Web del podcast: | [get_logos_sociales web=”https://sites.google.com/a/asfes.org/asf-galicia/habitando/episodios“] |
| Integrantes del Podcast: | |
| Periocidad del podcast: | Mensual |
| Duración del podcast: | Entre 45 y 60 minutos |
| Categoría: | Gobierno |
| Idioma: | Gallego |
| Facebook: | [get_logos_sociales facebook=”https://www.facebook.com/ArquitecturaSenFronteiras“] |
| Twitter: | [get_logos_sociales twitter=”https://twitter.com/ASF_Habitando“] |
| Grupo o Canal de Telegram: | [get_logos_sociales telegram=”“] |
| Feed: | [get_logos_sociales feed=”https://feeds.feedburner.com/asfhabitando”] |
| Plataformas: |
[get_logos_plataformas plataformas=”https://www.ivoox.com/podcast-habitando_sq_f1247634_1.html https://itunes.apple.com/es/podcast/habitando/id1044816606“] |

Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.

Había tempo que non nos xuntamos para gravar, pero voltamos con forzas renovadas no que vai ser unha serie de episodios adicados a unha nova liña de traballo, un novo proxecto, Habitando o Rural, que arrincamos o pasado setembro.
A Galicia rural enfróntase a importantes violacións do Dereito ao Hábitat que poñen en perigo a súa sustentabilidade. Esta crise maniféstase na escaseza de servizos e infraestruturas básicas que provocan un desprazamento significativo da poboación máis nova, especialmente mulleres. Unha despoboación sistemática do territorio e unha consecuente degradación social, económica e ambiental. Problemáticas que nós detectamos e que nos preocupan, polo que nos mergullamos no último ano neste proxecto que ten máis que ver coa educación nos centros educativos rurais.
Escaleta
- 00:33 Presentación
- 02:35 Introdución
- 05:39 Actividades do grupo nos primeiros meses de proxecto
- 08:59 Dualidade rural – urbano
- 25:33Encontro con Juventina, Ana e Milagro, mulleres rurais do Sur
- 32:50 Liñas de traballo co alumnado
- 40:19 Despedida
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Subscrición
Feed | Apple Podcast | Spotify
Contacto












