Descripción del podcast:
En Retrato Sonoro charlaremos sobre una foto que hilará recuerdos. Situaciones de las que te sientas especialmente orgullosa/o. Viendo el lado optimista y distendido de las cosas y sentirnos reflejados en situaciones, sensaciones o sentimientos ajenos.
Autor: | admin |
Web del podcast: |
![]() |
Integrantes del Podcast: | |
Periocidad del podcast: | Mensual |
Duración del podcast: | Entre 1 y 2 horas |
Categoría: | Diarios personales |
Idioma: | Español |
Facebook: |
![]() |
Twitter: |
![]() |
Grupo o Canal de Telegram: | |
Feed: |
![]() |
Plataformas: |
![]() https://itun.es/es/9W2q7.c |

Un podcast de Fidel Mouzo e Emmanuel Vazquez que comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas.
Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas.
Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez, un dos grandes divulgadores culturais de Galicia, arqueólogo, museólogo e activista do patrimonio. Un torrente verbal —ou mellor dito, unha fervenza de saber— que fai da palabra unha ferramenta de resistencia, de amor á terra, de construción de identidade.
Video de Felipe-Senén en Tiktok o Instagram
Nesta conversa o de menos foron as imaxes que soen propiciar as conversas, pero neste caso, falamos de tres en concreto. Imaxes escollidas por Felipe con dous cadros de artistas galegos como son “O trasmundo” de Laxeiro e “A derradeira lección do mestre” de Castelao. E logo eu, Fidel, propúxenlle a lectura dunha imaxe dunha procesión nunha parroquia de Muxía, en A Coruña, Coucieiro.
A conversa non foi doada. Non porque Felipe-Senén non se preste, senón porque él segue o seu ritmo, a súa propia cartografía conversacional. E nese fluxo é onde reside a maxia: nas derivacións inesperadas, nos nomes que aparecen, nos lugares que cita, nas lembranzas que convoca. Unha fervenza.
A conversa xira en torno ao noso patrimonio cultural derivado do celtismo (como alude él), do cristianismo (pero non o que promove a institución), dun realismo máxico aloxado no imaxinario colectivo, a oralidade popular, os perigos dun turismo mal aplicado, pero que hai que saber explotar, falamos do que somos e do que estamos a piques de esquecer… se non o enxergamos a tempo. Moitos temas que son de dificil condensación nesta presentación.
Deixamos por aquí tamén unha ligazón a un vídeo dun discurso dado por Castelao cando retoma a relixiosidade e o realismo máxico: Alba de Gloria. No caso que vos apresentamos é a ofrecida polo Consello de Cultura Galega cunha recreación dese discurso.
Xa non che facemos perder tempo sen escoitar a Felipe-Senén. O mellor é que o escoites.
Este programa é presentado por Fidel Mouzo, editado por Jordi a.k.a. Mirindo e as voces que escoitas son as de Lorena para o limiar que precede o audio é a de Rosalía para o título do mesmo. Grazas a todas pola vosa colaboración.
The post Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén first appeared on Sons Podcasts.
